O Centro Comercial Aberto trae descontos e animación para este venres e sábado

O Centro Comercial Aberto do Carballiño organiza para este venres e sábados os seus “Días locos”, con descontos nos 33 establecementos participantes, ca finalidade de adiantarse á rebaixas que están a piques de chegar.

Todos os que realicen unha compra nestes “Días locos”, recibirán unha papeleta para entrar no sorteo de vales de compra de 50 euros no comercio local. Ademais deste premio, haberá tamén animación de rúa e por cada compra recibirán unha papeleta para as atraccións infantís.

AVANTAR ACTIVIDADES