Mañá sábado comeza a XV Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón

Este sábado, primeiro de outubro, arranca a XV Mostra de Teatro Amador "Terras do Orcellón" que organiza Tiruleque, Grupo de Teatro, co patrocinio e axuda da Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño.

Tódalas obras representaranse no Auditorio Manuel María da vila do Carballiño as 20 horas, e cun prezo de cinco euros por entrada, coa posibilidade de adquirir oito entradas polo custe de trinta euros.

FarandOleiras Carabaré de Oleiros (A Coruña) é a compañía encargada de iniciar esta mostra con OLIMPO'S, unha comedia "enrevistada" que vai amosar como viven e pensan as deusas e deuses nun Olimpo galeguizado, e as determinacións que toman sobre os pobres mortais.