A policía autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Cenlle

O lume afectou 1,20 hectáreas e produciuse durante a realización de talas sen as medidas de seguridade necesarias

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023.- Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense veñen de esclarecer un incendio forestal rexistrado o pasado 17 de xullo no concello ourensán de Cenlle. O lume produciuse na parroquia de Sadurnín e afectou 1,20 hectáreas de superficie rasa e arborado.  

AVANTAR ACTIVIDADES

No transcurso das investigacións e despois de realizar a correspondente inspección ocular sobre a superficie afectada, os axentes detectaron que na zona se estaban realizando talas sen as medidas de seguridade necesarias.

Na extinción do lume participaron dous axentes, seis brigadas, catro motobombas, catro avións e tres helicópteros.

A Policía Autonómica remitiu as dilixencias por estes feitos, que se saldaron con dúas persoas investigadas, ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, leva  investigadas 16 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.