Gabriel Alén subliña o compromiso da vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán con Valdeorras

  • O delegado territorial sinalou que esta mostra organizada pola Xunta “quere difundir a obra máis significativa do escritor ourensán e dar a coñecer os lugares onde transcorreu a súa vida”
  • Esta mostra enmárcase nas máis de 150 actividades da programación especial das Letras Galegas 2022 que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra do homenaxeado o 17 de maio
  • Poderá visitarse no Barco de Valdeorras ata o 19 de outubro, logo de pasar por varios centros da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia e concellos da Rede de Dinamización Lingüística de ata 10 localidades galegas diferentes
  • Tras o seu paso pola vila do Barco de Valdeorras, Compromiso na distancia percorrerá diferentes localidades galegas, en concreto, Lugo, Pontevedra e, finalmente, Celanova

Ourense, 06 de outubro de 2022.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe no Barco de Valdeorras a mostra itinerante organizada pola Xunta de Galicia Compromiso na distancia, que percorre a vida e figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Durante a visita, na que tamén participaron o alcalde, Alfredo García, o delegado territorial quixo facer un chamamento á cidadanía “a achegarse ata a biblioteca barquense para descubrir e coñecer ao gran protagonista destas Letras, pois a exposición achega información e imaxes sobre Florencio que doutro xeito non son accesibles”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Gabriel Alén subliñou que esta mostra “quere difundir a obra máis significativa do escritor ourensán e dar a coñecer os lugares onde transcorreu a súa vida: tanto as terras valdeorresas ás que tanto cantou nos seus versos, como as mexicanas que o acolleron e tamén influíron na súa poética”.

Situada agora na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, esta mostra poderá visitarse no Barco de Valdeorras ata o 19 de outubro, logo de pasar por varios centros da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia e concellos da Rede de Dinamización Lingüística de ata 10 localidades galegas diferentes. Enmárcanse nas máis de 150 actividades da programación especial das Letras Galegas 2022 que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra do homenaxeado o 17 de maio.

A mostra consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións.

Tras o seu paso pola vila do Barco de Valdeorras, Compromiso na distancia percorrerá diferentes localidades galegas, en concreto, Lugo, Pontevedra e, finalmente, Celanova.

Da infancia á madurez

Compromiso na distancia consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións.

O texto central e a documentación corre a cargo de Héctor Cajaraville con pezas baseadas no libro publicado por Xerais, Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros da saudade. As fotografías pertencen ao arquivo familiar do autor, sendo fotos orixinais en branco e negro que foron modificadas con técnicas de coloración dixital.

A exposición está enmarcada entre as máis de 150 actividades que a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, en colaboración con múltiples empresas, entidades e concellos, realiza ao longo de todo o ano para homenaxear e dar a coñecer a figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán.