Ribeiro en Común reclama que se restableza o servizo de pediatría.

RECLAMA QUE O SERGAS RETOME E GARANTA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE PEDIATRÍA MÉDICA NO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADAVIA. 
O Pleno do vindeiro xoves  abordará a situación da Pediatría no centro de saúde de Ribadavia, cunha nova Moción de Ribeiro en Común. 
Reclamámoslle ao Partido Popular de Galicia que abandone as políticas de recortes na sanidade pública galega, xa que causan un grave prexuízo aos nosos veciños. Ribadavia e o Ribeiro están sendo vítimas tamén desta forma de facer política, e que supón un menoscabo de servizos públicos vitais.  
Reclamamos unidade de todos os concelleiros e concelleiras do Pleno en favor dos nosos veciños, e que se deixen de lado os intereses partidistas e persoais que cada quen poida ter no seu partido, en favor da defensa dos servizos públicos básicos en Ribadavia e no Ribeiro. 

– O Pleno Municipal de Ribadavia do mes de novembro aprobaba a Moción que lle reclamaba ao SERGAS o reforzo do servizo de Pediatría en Ribadavia.  Menos dun mes despois, o SERGAS non só non reforzou o servizo senón que este deixou de prestarse. Todos os problemas no PAC de Ribadavia que advertiamos no Pleno de novembro acabáronse cumprindo. Agardamos que os grupos que pretenderon xustificar a situación do centro de saúde esta vez recoñezan que non se trata dun problema puntual, senón estrutural e grave, que debe ser resolto.  
– Reiteramos que temos un bo servizo con magnificas profesionais. Falamos dun servizo que se presta a todos os concellos da comarca do Ribeiro, polo que neste momento todos están sen pediatra.  Falamos de que no Centro de Saúde de Ribadavia non se cobren baixas nin vacacións de ningún persoal médico, non so de pediatras, como estamos a comprobar nestas datas de nadal, o que de maneira recorrente provoca en moitas ocasións a saturación dos servizos médicos. Isto provoca a acumulación de pacientes e a sobre carga nas nosas profesionais, redundando nun menoscabo dos dereitos laborais básicos e no empeoramento do servizo.  
No caso da Pediatría, estamos a falar da atención sanitaria aos membros máis pequenos e máis queridos de todas as familias, o que debera supoñer unha atención prioritaria por parte da XUNTA e do SERGAS como Administracións titulares. 

AVANTAR ACTIVIDADES

– Por todo o anterior, RIBEIRO EN COMÚN levará de novo ao Pleno Municipal este grave problema para que o Concello volva sair en defensa dun servizo público tan importante. 
Así mesmo, pedimos que este acordo se traslade tamén A TODOS OS CONCELLOS DO RIBEIRO, PARA QUE SE ASÍ O ESTIMAN, APROBEN DITOS ACORDOS en defensa dos seus veciños,  xa que o servizo de Pediatría do noso centro de saúde é para todos os concellos do Ribeiro.