Aberto o prazo de inscrición para o “IX Concurso Gourmet Grupo Cuevas”

• O prazo de recepción de receitas conclúe o 21 de outubro e os finalistas nas categorías profesional, semiprofesional ou afeccionado, elaborarán o seu prato en directo durante Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense do 3 ao 7 de novembro

• O obxectivo do concurso é promover a cociña autóctona a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade sendo a castaña o ingrediente imprescindible

AVANTAR ACTIVIDADES

O Grupo Cuevas abandera un ano máis o Concurso Gourmet que se celebra no marco de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar en Expourense entre o 3 e o 7 de novembro de 2021. Este concurso está aberto tanto a cociñeiros profesionais como a semiprofesionales e a afeccionados. E prazo de recepción de receitas conclúe o 21 de outubro e os finalistas elaborarán os seus pratos en directo na feira #ante un xurado profesional.
As bases de participación deste concurso viran ao redor das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento e a solidez.

O obxectivo do concurso é, por tanto, promover a cociña autóctona a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformándoas en pratos tradicionais ou innovadores e tendo como protagonista á castaña, o produto insignia do Grupo Cuevas, tan identitario da gastronomía galega e que na actualidade vive momentos de esplendor e de redescubrimiento nas súas aplicacións culinarias. A castaña poderá ser utilizada en calquera das súas formas e presentacións posibles (ao natural, en caldo de azucre, confeitada, en crema, en puré, en mousse, etc…) ou baixo calquera fórmula innovadora que o participante considere.
Poderán presentarse ao concurso todas as persoas maiores de 16 anos, cuxa participación pode ser a título individual ou representando a unha asociación, escola ou colectivo. Os participantes interesados poderán presentar a súa solicitude dirixíndose a Expourense, no teléfono: 988 36 60 30 ou a través do mail marketing@expourense.org, ata as 13.00 horas do xoves 21 de outubro. Poden consultarse as bases ao completo en www.xantar.org.

Os concursantes cuxas receitas resulten finalistas deberán realizar a preparación do seu prato diante dun xurado durante os días do salón. Para a valoración das receitas teranse en conta a dificultade, o número de ingredientes, a orixinalidade ou a presentación e o emprego das máximas e os obxectivos propostos polo Concurso. Estas receitas elaboraranse en directo na aula Gastronómica Grupo Cuevas.
Os premios do Concurso Gourmet do Grupo Cuevas serán entregados durante clausúraa de Xantar, o domingo 7 de novembro. Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos centros cash and carry, Cuevas Cash ou na rede de supermercados “Gústame ir ao súper” formada polas marcas: Plenus e Aquié.
Durante a última edición deste concurso, celebrada en febreiro de 2020, estes foron os gañadores e as súas correspondentes receitas:

PROFESIONAL

Illya Aleksenko Bilyayev – Santiago de Compostela

Receta: Ravioli de ternera gallega rellena de castaña con setas confitadas

SEMIPROFESIONAL

Rut Nieves Fernández – Ourense y Fátima Nieves Fernández – Ourense

Receta: A Chispa da Castaña

AFICIONADO

Marcos Céspedes Seijo – Ourense.

Receta: Timbal de rabo de ternera gallega estofado con castañas y ensalada templada de setas y castaña asada.