O pintor e docente carballiñés Juan Valcárcel elaborou unha peza de máis de 3 metros de largo, feita a medida, e cunha temática moi específica. Esta última obra súa, segundo lle contou a esta canle na reportaxe feita no mes de febreiro, na que non quixo desvelar cal sería o destino da peza, pero si nos detallou os pormenores no cadro. “A Feira” pretende amosar como eran os mercados que deron orixe ó pobo do Carballiño, sendo o centro da actividade social e económica.

O alcalde, Francisco Fumega, encargoulle esta obra logo de que a que estivera durante anos no salón de plenos atopase comprador e abandoase este emprazamento. “A Feira” quedará como recordo e como emblema deste municipio.

PUBLICIDADE