A doutora en matemáticas, Clara Grima, visitou os institutos IES Manuel Chamoso Lamas e IES Nº1

Publicidade ASPADISI

Clara Grima é doutora en Matemáticas e profesora titular de matemática aplicada na Universidade de Sevilla. Dende 2010 compaxina a labor docente coa de divulgadora científica en diferentes medios de comunicación.

Esta mañá, ofreceu unha conferencia nos dous institutos do Carballiño, no IES nº1 e no IES Chamoso Lamas, unha visita esperada xa fai tempo e que hoxe se fixo realidade, grazas á colaboración entre os centros.

HIPER MASIDE

O obxectivo destas conferencias é o de desmitificar ás matemáticas, e tamén o de explicarlle ós mozos cales son as súas aplicación, que alcanzan grandes proxectos de vida e futuro como a diagnose médica, a creación de medicamentos ou a súa aplicación na informática.

Clara considérase unha das matemáticas mais influentes a nivel nacional e tanto é así que foi considerada pola revista Forbes como unha das 22 persoas mais influentes para este ano 2022. Hoxe puidemos falar con ela.