Información da área de migracións do PsdeG-Psoe sobre os retornados de Alemaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A ÁREA DE MIGRACIÓNS DO PSDEG-PSOE DE OURENSE INFORMA DE QUE VARIOS RETORNADOS DE ALEMAÑA DIRIXÍRONSE Á SECRETARÍA PROVINCIAL POR UN REQUIRIMENTO DA FACENDA XERMANA AO NON PAGAR O CHAMADO IMPOSTO DO 5%

As cantidades oscilan entre os 3.000 aos 8.000 euros e todos teñen en común que comezan a percibir unha pensión alemá residindo no país teutón entre os anos 2016-2018, logo déronse de baixa e retornaron a España entre os anos 2018 e 2019

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Algún realizaban no seu momento a declaración da reda en Alemaña, outros estaban exentos”, explica Luís Gulín, que tamén apunta que “ao retornar creron que só estaban obrigados a realizar unicamente a declaración da renda española”

Ourense, 5 de decembro de 2023. A área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense informa de que varios emigrantes retornados de Alemaña dirixíronse á secretaría provincial de migracións por un requirimento da facenda xermana ao non pagar o chamado imposto do 5 % sobre as súas pensións alemás. As cantidades oscilan entre os 3.000 aos 8.000 euros e todos teñen en común que comezan a percibir unha pensión alemá residindo no país teutón entre os anos 2016-2018, logo déronse de baixa e retornaron a España entre os anos 2018 e 2019.

“Algún realizaban no seu momento a declaración da reda en Alemaña, outros estaban exentos”, explica Luís Gulín, que tamén apunta que “ao retornar creron que só estaban obrigados a realizar unicamente a declaración da renda española”. Neste senso, o secretario provincial de migracións pon de manifesto que “por desgraza no momento de trasladar a súa residencia definitivamente a España están obrigados de comunicarse co Finanzamt Neubrandenburg, organismo  competente para a fiscalización das pensións alemás que se abonan fóra do país”. Os afectados contactaron coa secretaría provincial de migracións (Galicia, Toledo e Extremadura) manifestan que a facenda local da súa cidade alemá nin no consulado advertíronlle desa circunstancia.

Analizando a situación, desde a secretaria provincial de migracións aconséllase aos afectados, ao estar todos obrigados a realizar a declaración da renda en España, que estas cantidades requiridas por Alemaña “pódense reclamar logo á Facenda española por dobre imposición internacional”. Proponse tamén aceptar a solución da Facenda alemá de abonar as cantidades requiridas nos prazos de pago propostos.

Luís Gulín lembra a todos os emigrantes retornados de Alemaña, o feito de que “empezar a cobrar unha pensión alí no país xermano,  por primeira vez desde o 1 de xaneiro de 2015, aínda que non estivese obrigados a realizar a declaración da renda alemá, a circunstancia pode variar se fixan a súa residencia fiscal en España segundo o convenio de dobre imposición entre España e Alemaña do ano 2013”.