A Subdelegación do Goberno en Ourense informa da ampliación do servizo de atención telefónica á cidadanía por parte do SEPE

A Subdelegación do Goberno en Ourense informa de que dende hoxe, martes 2 de febreiro, o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) de Ourense incrementa o servizo de atención telefónica á cidadanía. Esta ampliación estenderase durante os vindeiros cinco meses, contemplándose a posibilidade da súa prolongación en función da evolución das necesidades.

Trátase dun total de 45 horas máis á semana de incremento no servizo de RATEL (Rede de atención telefónica). O horario de atención diaria é de 08.30 a 14.30 horas ata o 30 de xuño e poderá realizarse a través dos teléfonos:

·        988 750 598 ou 91 273 83 83 para a CIDADANÍA

Publicidade Premer na Imaxe

·        988 750 597 ou 91 273 83 85 para as EMPRESAS  

Coa situación provocada pola COVID-19 e as súas consecuencias no ámbito laboral e das prestacións produciuse durante o ano 2020 un incremento de máis do 60% no tocante ao uso do servizo de atención telefónica en comparación co ano 2019.

A tendencia, tal e como se observou durante o mes de xaneiro de 2021, é a de que os usuarios e usuarias do SEPE tendan a incrementar o uso deste servizo. Por esta razón, dende o SEPE refórzase este servizo e amplíase a capacidade de atención a partir deste mes de febreiro.

Todo isto con independencia da posibilidade de facer uso da vía telemática a través da sede electrónica sita na propia web do SEPE.