Nota de prensa do grupo Popular do Carballiño

Na sesión plenaria celebrada hoxe no concello o grupo popular quere incidir nos seguintes aspectos:
• A moción presentada polo grupo municipal do PP sobre Biomasa e Compostaxe foi aprobada por unanimidade. O Sr. Alcalde comprometeuse a levar a cabo as accións oportunas na Casa do Peón Capataz para o tratamento dos residuos forestais . Por outra
banda anunciou que pedirán a subvención necesaria para a adquisición e instalación da caldeira nun dos edificios municipais para deste xeito acadar os obxectivos en aforro enerxético.
• O Grupo Municipal do PP apoia as propostas de empadroamento, conciliación e Casa da Xuventude, o considerar que son medidas necesarias para favorecer a nosa veciñanza.
• Este grupo demandou unha vez mais que o procedemento a seguir no pago dos servizos sexa acorde ao procedemento polo que se rexe