Hoxe tuvo lugar no Estadio Municipal de Espiñedo a celebración das Asambleas Ordinaria e Extraordinaria na que os socios estaban convocados.

Na primeira parte da asamblea valorouse a traxectoria deportiva do Club durante esta tempada, pasando despois a parte económica.

Debido a terminación inesperada da competición a causa do Covid-19 o Club tuvo que reaxustar o presuposto para rematar a tempada sin aumentar a deuda que ascende a poco mais de 31.000€.

Queremos agradecer a colaboración de xogadores e corpo técnico que renunciaron a parte da sua retribución económica polo que a deuda quedou contida en eses 31.000€, e poder así poder comenzar a nova tempada sen a carga de unha deuda importante, causa que axudará a plantear o futuro de forma mais optimista.

Tamén agradecemos a todos os socios, colaboradores e empresas que apoiaron a CD Arenteiro durante esta tempada.

Na asamblea extraordinaria fixose efectiva a dimisión de toda a Xunta directiva e convocouse a os socios para o día 2 de Xullo as 20:00h en unha nova asamblea que decidirá o futuro do Club, coa “esperemos” presentación da nova Xunta directiva.