Avantar e o concello do Carballiño presentan o concerto de Tino Baz deste próximo venres

Esta mañá, no salón de plenos do concello do Carballiño, tivo lugar a presentación do concerto de Tino Baz, que organiza o colectivo Avantar e coa colaboración de OZOCO-GZ Deseño-Galego. A actuación será o día 15, ás 22:00 horas, na Praza da Veracruz, atrasando a hora para mais tarde a causa das altas temperaturas. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, puxo en valor o traballo feito pola asociación a prol da cultura.

Xulio Álvarez, membro da asociación Avantar, falounos hoxe un pouco máis sobre o artista, un concerto que porá o colofón ás actividades deste ano escolar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte do colectivo, estivo presente Nani Blanco, membro da xunta directiva, quen falou dos orixes desta asociación a prol da cultura e a lingua galegas ata os nosos días. A novidade deste ano é o club de lectura.

Do seu extenso currículo facemos algúns apuntamentos:

Nado no 1972 na Garda ,Iniciase a idade de 8 anos tocando a gaita co grupo os Pelouros, logo no 1983, incorporase ao grupo os petóns, participa nas primeiras edicións da festa da poesía do Condado.

No 1990 entra a formar parte do grupo A Roda como gaiteiro, cantante e percusionista.

Gaiteiro de profunda convicción e de formación autodidacta inicia a súa andadura en solitario alá polo ano 1997.

Musicacions de poetas como Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Xavier Seoane, Marica Campo, Bernardino Graña, Xosé Carlos Gomez Alfaro, Manolo Pipas, Francisco Álvarez Koki…utiliza a zanfona, a gaita, a guitarra e outros instrumentos .Dirixiu na Garda ao grupo As Batuqueiras do Tegra, compartiu experiencias con Treixadura e participou no proxecto O QUIQUIRIQUIRI para a asociación de gaiteiros galegos.

Realizou importantes concertos na Galiza, Pais vasco, Suiza (Xenebra), Cuba ( Habana)  e na Maia (Portugal).

No 2008 publica o seu traballo en solitario CINSA NAMORADA.

É xa que logo ,este concerto, unha marabillosa ocasión para desfrutar da musica e da canción galega, ocasión para reivindicar nas vésperas do 25 de Xullo día da nosa patria a nosa cultura e a nosa lingua.