La CH Miño-Sil anuncia la información pública del proyecto de mejora de saneamiento del núcleo de Bentraces (Barbadás)

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, somete a información pública o ?Proxecto de saneamento do núcleo de Bentraces – TM de Barbadás (Ourense)?, tal e como publica o BOE de hoxe, no que se anuncia o prazo de vinte días hábiles para a formulación de alegacións ou observacións. Problemática actual O núcleo de Bentraces carece dunha rede integral de saneamento provocando a existencia de verteduras ao regacho do Barreiro polo que urxe a necesidade de definir de maneira detallada unha actuación global que elimine a contaminación directa do medio. O novo proxecto A Confederación Hidrográfica do Miño Sil procedeu á redacción dun proxecto construtivo que estude, defina e valore as actuacións necesarias para a mellora e optimización da rede de saneamento actual.

Publicidade

A actuación consistirá, principalmente, na definición dunha nova rede de saneamento composta por un colector principal de PVC de 315 mm de diámetro, 19 pozos de rexistro e unha lonxitude de 578,597 m. Como complemento ás actuacións descritas, proxéctanse catro eixos secundarios conectados ao colector principal para dar servizo a aquelas vivendas que actualmente carecen de saneamento.