A Deputación reforzará a súa colaboración coa Fundación Carlos Casares co obxectivo de acadar unha sede permanente en Xinzo de Limia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu ao presidente da fundación, Xavier Casares, e o membro da súa directiva e fillo do escritor limián, Hâkan Olof Casares, que explicaron o traballo que desenvolve este organismo a prol da defensa, promoción e mantemento da figura literaria de Carlos Casares

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 11 de setembro de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación ao presidente da Fundación Carlos Casares, Xabier Casares e ao membro da directiva e fillo do escritor limián, Hâkan Olof Casares. O obxecto da reunión foi dar a coñecer o traballo que está a realizar a Fundación Carlos Casares, tanto na defensa, promoción e mantemento da figura literaria de Carlos Casares, así como resaltar o compromiso da fundación con Galicia e a súa Cultura. De feito, nos 22 anos de vixencia da Fundación Carlos Casares, a colaboración da Deputación foi fundamental para o mantemento e promoción das súas actividades.

Na reunión tamén se puxo de manifesto un dos obxectivos inmediatos da Fundación Carlos Casares: acadar unha sede física permanente en Xinzo de Limia, lugar emblemático para a vida e obra do escritor. “Desde logo que na Deputación brindaremos o total apoio, dentro das nosas posibilidades, para que a Fundación Carlos Casares acade a súa sede en Xinzo. Sería algo altamente beneficioso para a Cultura da provincia e de toda Galicia, e estaríamos moi orgullosos de que a fundación tivese o seu aposento definitivo no lugar máis axeitado para as súas actividades”, explicou o presidente Luis Menor, quen avanza que seguirá habendo reunións de traballo neste eido para fixar as necesidades e avances neste proxecto.