Ourense, 26 de outubro de 2026. O Colexio Oficial de Enfermaría de Ourense (COE Ourense) manifesta publicamente a súa profunda preocupación pola recente resolución administrativa adoptada polo Patronato da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense. A entidade considera que a combinación da labor docente e a xestión directiva é unha práctica habitual e enriquecedora no ámbito universitario, e un valor fundamental para que a formación das futuras enfermeiras e enfermeiros estea aliñada coa realidade clínica e coas necesidades do sistema sanitario.
Segundo o Colexio, a decisión do Patronato introduce unha inestabilidade innecesaria no centro en pleno curso académico, prexudica directamente ao alumnado e compromete a excelencia dos plans de estudo e a titoría das prácticas clínicas. A institución reafirma o seu compromiso coa defensa da profesión e co liderado docente e profesional para preservar a calidade educativa das futuras promocións de enfermaría.
















