Ourense reduce a 12 os contaxios das últimas 24 horas e mantén sete persoas na UCI

A comunidade galega rexistra hoxe 234 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende nesta xornada. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 7.163, unha cifra que descende en preto de 400 casos nas últimas 24 horas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 47 (-6) están en UCI e 154 (+1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 12 contaxios novos, unha cifra moi inferior á dos últimos días, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 654 casos activos,  25 casos menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 18 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES