Gelucho non seguirá adestrando ó C.D. Arenteiro

O Club Deportivo comunicou hoxe a Rogelio Gómez Fernández “Gelucho” a decisión de comezar unha nova etapa deportiva cunha nova directiva e coa necesidade de buscar un adestrador que teña dedicación exclusiva para este club, unha condición coa que Gelucho non pode cumplir. O que era ata hoxe o adestrador compatibilizaba a súa actividade profesional coa de adestrador.

Dende o C.D. Arenteiro agradecen o traballo feito nestas dúas últimas tempadas, nas que o Club se consolidou na categoría de terceira división e, en especial nesta última, que se viu interrompida pola pandemia do coronavirus.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende a directiva tamén informan de que xa están traballando na conratación dun novo adestrador dacordo ó novo perfil que buscan, con dedicación profesional plena co Arenteiro e non so dirixindo o primeiro equipo da entidade senon toda a estructura deportiva.