Espazo Común estuda o proxecto de arranxo da rúa Ourense cos veciños

O Grupo Municipal de Espazo Común mantivo o sábado unha reunión informativa aberta con tódolos veciños da rúa Ourense.

A razón principal aseguran que é o lamentable estado de abandono que presenta esta importante vía, eixe principal de entrada a O Carballiño. Con eles falaron de proxectos, e de cal sería a mellor opción para o arranxo desta vía.

AVANTAR ACTIVIDADES

Afirman que fai xa tres anos que o alcalde ven anunciando que se van acometer unhas melloras indispensables e urxentes. Segundo a formación, o alcalde respostou a esta pregunta asegurando que as melloras irían a cargo do remanente de 2021 e que se licitaría a finais de ano. A formación afirma que non se trata so dun simple arranxo, se non que deberá ir acorde cunha principal vía de entrada a un municipio.