A Xunta entrega 3 vehiculos aos Ges

Publicidade ASPADISI

A Xunta entrega tres novos vehículos aos Ges de Ribadavia, Muiños e o Barco de Valdeorras ao abeiro do proxecto Ariem+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega de tres furgonetas de servizos varios

HIPER MASIDE

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega de tres furgonetas de servizos completamente equipados aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais ( GES ) de Ribadavia, Muiños e O Barco de Valdeorras, onde incidiu na importancia de que os servizos de emerxencias conten con material axeitado que lles permita realizar o seu traballo con seguridade e ofrecer unha maior eficacia na resposta ante calquera intervención.

A adquisición, que conta cun investimento de 242000 €, forma parte do proxecto Ariem+, a través do cal a Xunta traballa na xestión de recursos humanos e materiais para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias a un e outro lado da fronteira de Galicia con Portugal.

Os 3 vehiculos para a atención ás emerxencias entregados dispoñe de tres prazas e de tracción integral 4×4, ademais de espazo para albergar equipamento para todo tipo de intervencións.