O IES Nº 1 do Carballiño fixo un acto de homenaxe ós cinco alumnos do centro que acadaron os mellores resultados na ABAU

Esta mañá, o profesorado do instituto IES nº 1 do Carballiño fixo unha recepción na que participaron os cinco almunos do centro que mellores notas acadaron nas probas de Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade, que foron Daniel Fernández Filloy, Xosé Pérez Blanco, Paula Trigás Nogueira, Marta Castro Soto, Laura De Manuel González. 

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

A Xunta de Galicia prepara un acto no que estarán os mellores de Galicia, no que se lles entregará o seu correspondente diploma. Ángela Menéndez Llorente, amosou a súa satisfacción por estes resultados, nos que máis do 90% pasou a proba sen dificultade, sobre todo tendo en conta a situación de confinamento que viviron os alumnos que lastrou os últimos meses de clase e preparación da proba.