Leiro organiza a 37ª edición da súa Carreira Popular con 250 atletas

Presentación da XXXVII Carreira Popular de Leiro. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense), Francisco José Fernández Pérez (Alcalde de Leiro), Ramón Álvarez Bueno (Concelleiro de Cultura) e Luís Iglesias Raña (Concelleiro de Deportes).

O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral. Os detalles da proba foron presentados no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e os concelleiros de Deportes e de Cultura, Luis Iglesias e Ramón Álvarez.

Publicidade

A carreira, que marcou un récord ao esgotar nun só día o número de dorsais, conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro, formando parte ademais do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estando baixo o control do Comité Galego de Xuíces. O formato empregado será o de contrarreloxo, con saídas escalonadas de cinco en cinco atletas cada vinte segundos para evitar aglomeracións e manter así as medidas de prevención fronte á covid-19.


VIDEO SPOT LEIRO en BADAL TV

CONCELLO DE LEIRO