Carballiño segue con 18 casos activos por Covid e indice de 128 por 100000 habitantes

O Concello do Carballiño manten hoxe os casos activos en 18 persoas, sen apenas grandes cambios dende os últimos días. O índice por 100000 habitantes é de 128 ( o máis baixo da comarca excepto San Amaro que non ten ningún caso )

Publicidade

O total da comarca sobe os casos totais, con 58 . Beariz sube 2 para un total de 20. Maside manten os 4 casos. Os demais concellos presentan as mesmas cifras ca onte. Boborás conta con 4 casos activos; O Irixo conta con 2 casos; Piñor conta con 6 casos, Punxín conta cun caso e San Cristovo de Cea conta con 3. San Amaro segue a ser o único que non ten casos positivos.