A Xunta non aplicará restriccións de aforo nin prohibicións de cara o 24 e 25 de Nadal

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participa telematicamente na Conferencia de Presidentes. Edificio Administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela), 22/12/21.
IES CHAMOSO LAMAS

A sexta vaga da pandemia non é como as outras: explosividade na velocidade de contaxio pola variante Omicron, a alta incidencia -aínda que nestes momentos coa presión hospitalaria a raia- e a inminente celebración das vacacións de Nadal, o momento de maior “interacción social do ano”.

Ante esta perspectiva, o xefe do Goberno galego fixo un chamamento a seguir aumentando a taxa de vacinación. Na mesma liña, avanzouse a proposta de adiantar a tres meses a administración das terceiras doses.

HIPER MASIDE

Sobre as reunións en Nadal, Feijóo fixo a recomendación de minimizar o número de unidades familiares, a unha ou dúas, para manter o risco controlado. A Xunta apostará por non aplicar “nin restricións de aforo nin prohibicións” nas próximas datas do 24 e 25 de decembro, á espera da próxima celebración dun Comité Clínico a próxima semana.

Nese encontro tamén se pedirán criterios sobre a celebración da festa de fin de ano, dada a maior interacción social nocturna; e tamén sobre as Cabalgatas de Reis.

Outra das medidas implantadas é a obrigatoriedade do uso da máscara en exteriores.