O Rallye do Lacón terá dúas paradas obrigatorias no concello de Cea

O Rallye do Lacón é un clásico das probas de motor en Galicia e desde o ano 2006 non se celebra. A Escudería AGE Motorsport retoma neste ano 2021 a organización do evento.

No Concello de San Cristovo de Cea celebraranse dúas actividades dentro do rallye: o venres, 20 de agosto, un shakedown no Circuito Choqueiro e o sábado, 21 de agosto, un reagrupamento na Praza Maior de Cea, con parada de entre 20 e 30 minutos.

AVANTAR ACTIVIDADES

A maiores, a Agrupación de Voluntario de Protección Civil de San Cristovo de Cea formará parte do dispositivo de seguridade. O concello e a organización firmaron xa o acordo de colaboración.