O Reberete, o artesán de instrumentos tradicionais galegos cuxo taller queimouse o pasado mes de xuño, consegue a financiación necesaria para reconstruir o seu lugar de traballo

IES CHAMOSO LAMAS

Logo do incendio que estragou totalmente o taller de Roberto Carlos Pérez, mais coñecido como O Reberete, iniciou unha iniciativa de financiación colectiva online para poder reconstruir o taller na que calquera persoa pode colaborar encargando ó artesán instrumentos ou comprando “accións” que se están a publicitar na páxina do proxecto “Verkami”.

A tan so dous días de rematar o prazo do crowfunding, preto de 900 mecenas fixeron posible que o artesán pasara dos 40.000 euros necesarios para reconstruir o taller onde leva mais de dez anos dando vida a instrumentos tradicionais. O Reberete agradece a acollida da súa inciativa, asegurando que non esperaba esta resposta da xente. Iso si, o proxecto do crowfunding remata en 4 días e ten que alcanzar a cifra dos 40.000 euros para poder facelo efectivo. Hoxe no espazo de entrevistas Acotío, María Muleiro entrevista a este artesán-luthier

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

VIDEO ( minuto 21:09 ) Información sobre a nova