O Concello de Ribadavia anuncia ós hosteleiros a supresión do pago pola colocación de terrazas ata o 31 de decembro

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle a modificación da ordenanza fiscal que regula a colocación de terrazas dos locais hosteleiros da vila. Esta modificación farase efectiva de xeito automático e supón que os establecementos quedarán exentos de pagar o imposto pola colocación de mesas e sillas en espazo municipal ata o vindeiro 31 de decembro.