Ribeiro en Común denuncia que agora o PP rectifica as súas mentiras e vese obrigado a repoñer médicos no Centro de Saúde de Ribadavia pola proximidade da eleccións.

Primeiro o actual goberno e a súa alcaldía negaron que existiran recortes en profesionais medicos do noso Centro de Sáude, preferiron defender ao seu partido e as súas carreiras políticas que defender os intereses dos veciños de Ribadavia e do Ribeiro, unha vez máis.

Hoxe rectifican despois de negar os feitos e mesmo de calumniar aos que levamos semanas denunciando que tiñamos servizos medicos dados e baixa e sen cubrir no noso Centro de Saúde.

AVANTAR ACTIVIDADES

Agora vense na obriga de rectificar, e fano despois de varias protestas cidadás e políticas reclamando a reanudación do servizo, fano despois de obrigarnos a deprazar a outras áreas.

Rectifican, e fan ben, que saiban que os dereitos básicos non se negocian nin son moeda de cambio, os dereitos como a sanidade e a educación defendense.
Unha proba máis de que sempre é imprescindible reclamar e reivindicar as causas xustas.

Sabemos que o fan porque estamos en campaña electoral, sabemos que son parches a unha situación que se repite no tempo e que se poden volveran a facelo despois das eleccións, como fixeron antes con xinecoloxia, pediatria, e Orientación Familiar.
Está na nosa man que a Sanidade sexa unha dereito básico que no lugar de ser constantemente ameazada sexa reforzada.

Xuntos xá conseguimos parar e frear este recorte, xuntos conseguiremos que non teñan unha soa institución pública na que comerciar e facer electoralismo cos dereitos cidadáns.

Ribeiro en Común facemos un chamamento á cidadanía e a todas as forzas da oposición a seguir sumando xuntos contra os recortes que o PP leva facendo en Ribadavia, e que volverán no caso de gañar as eleccións autonómicas.


Por último, Ribeiro en Común califica como indignante e incrible que na crise do COVID19 este mesmo alcalde que hoxe publica unha foto co Xerente do SERGAS (Cargo político do PP) non fixera o propio para as probas PCR que este mesmo xerente nos negou durante máis de 15 días cunha situación de alarma interna insufrible. Queda retratado unha vez máis o tipo de político que é.