O Marcos Valcárcel rende homenaxe ás pulpeiras e ao Carballiño coa exposición fotográfica “Pulpeiras e familia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A mostra poderá visitarse no centro cultural desde hoxe e ata o próximo 20 de agosto  

Ourense, 27 de xullo de 2023.- Trinta familias do Carballiño son as protagonistas da exposición fotográfica “Pulpeiras e familia” que dende hoxe pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación. Un proxecto artístico que naceu da man da asociación fotográfica “O Potiños”, en colaboración con Pulpeiros do Carballiño.  

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os fotógrafos que participaron nesta iniciativa foron xuntando diferentes xeracións e convivindo con eles para comprender mellor o seu traballo e o amor a esta profesión. “As nosas fotos queren reflectir ese traballo, esa dedicación, e para iso prescindimos do elemento máis esencial: o pulpo. Quixemos que coas súas ferramentas -caldeira, pratos, ganchos, aceiteira, saleiro e pementeira- expresasen a satisfacción dun traballo ben realizado”, sinalan dende a agrupación fotográfica ao avaliar o resultado final. 

As fotografías da exposición, realizadas en branco e negro, “son unha homenaxe a todas as persoas que, ao longo de cinco ou seis xeracións, seguen a facer un traballo ben feito e foron creando unha marca”. 

Na inauguración da mostra, o deputado provincial Rosendo Fernández salientou a implicación incondicional da Deputación de Ourense dende o primeiro momento en que se coñeceu a proposta expositiva, así como a identidade xa inseparable do Carballiño co pulpo e cos pulpeiros e pulpeiras. 

O director do centro cultural, Francisco González, agradeceu a Manuel Blanco, presidente de “O Potiños”, o traballo desenvolvido pola asociación para converter en realidade esta exposición, que estará en cartel ata o 20 de agosto. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------