A comisión de Economía aborda o orzamento xeral da Deputación de Ourense para 2021

 As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de setembro celebran hoxe e mañá as súas reunións no Pazo Provincial. Na de Contas, Facenda e Economía abórdase a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación para 2021, previsto nun total de 79,7 millóns de euros. Entre outros asuntos que se tratarán nesta comisión figura tamén a dación de conta dos acordos da xunta de goberno referidos a: establecemento de nova tarifa temporal pola prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz; a programación da Escola de Artes e Oficios para o curso académico 2020-2021; a programación e oferta de prazas, para o curso 2020-2021, da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda de Gaitas de Ourense, e a Programación do curso 2020-2021 e a fixación de prezos para as actividades do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo-Escola de Danza. 

Na comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial tratarase a ratificación da resolución da Presidencia n.º 2020/10888 de personamento no recurso interposto por Canteras Villamartín contra da resolución do Consello da Xunta de Galicia de desestimar o recurso interposto por esta empresa contra á aprobación do proxecto de trazado promovido pola Deputación de Ourense.  

AVANTAR ACTIVIDADES

A comisión informativa de Cooperación tratará a delegación do concello de Nogueira de Ramuín na Deputación de Ourense da competencia para a tramitación do expediente de contratación da concesión de servizos de explotación do embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo; e tamén abordará as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2021. 

Finalmente, a comisión de Cultura, Deportes e Mocidade abordará o nomeamento do xurado para a XVII edición do Premio “Pura e Dora Vázquez” de Narración e Ilustración de Literatura Infantil e Xuvenil; o outorgamento do título de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense a don Manuel García de Buciños Vázquez, e o regulamento de utilización e funcionamento do Pazo dos Deportes “Paco Paz”.