43 traballadoras e traballadores da Residencia Hermanos Prieto fannos chegar o seguinte comunicado:
As persoas abaixo firmantes, que formamos o equipo humano de esta Institución como é a Residencia Hermanos Prieto:
Queremos facer pública a nosa disconformidade ante as críticas e rumores que están circulando. Facémolo porque xa non aguantamos tantas faltas á verdade e á integridade desta institución e dos quen dela formamos parte.
Levamos dous anos esgotados, combatendo un virus que illou de forma inxusta á nosa sociedade, e os nosos maiores foron un dos colectivos máis afectados polas restricións e sobre todo, o máis duro, privados da presencia, das apertas das súas familias, e dende aquí se loitou por mantelos a salvo, ás veces antepondo o seu interese ao das nosas propias familias.
Durante este tempo a principal premisa por parte da dirección, foi o seu coidado e benestar, facéndolles sentir que esta é a súa casa. Procurando que se sintan un máis desta grande familia. E eso é o que queremos que quede presente neste escrito.
Como profesionais queremos que se valore o noso traballo e tamén dar o noso apoio á xestión do centro, que continúa a remar connosco na dirección que os irmáns Prieto marcaron. Buscamos a excelencia, e aí queremos dirixir todo o noso esforzo.
Esto lógrase con moita dedicación, pero sobre todo con amor e respecto, sen estes dous piares non ternos nada. Son neles nos que nos baseamos para tratar, coidar e diriximos a todas as persoas que aquí residen e aquí traballan.
Acompañan ao escrito 43 firmas