O concello de Ribadavia segue traballando na promoción e difusión do Camiño Miñoto Ribeiro. Acaban de anunciar que en poucos días instalarán un Banco Informativo chamado “BanPe”, Banco Peregrino, aproveitando o paso do camiño por Sampaio, unha zona turística polas súas vistas.

O BanPe é moito máis ca un banco xa que contén un código QR coa información de interese do concello no que se ubica.

A administración local de Ribadavia quere promocionar este atractivo turístico, enmarcándose coma o “CORAZÓN” do Camiño Miñoto Ribeiro.