O BNG do Pereiro demanda que se prioricen as necesidades veciñais antes que os intereses da familia Baltar

IES CHAMOSO LAMAS

O BNG do Pereiro recollerá sinatura en favor dos servizos básicos da veciñanza do Pereiro

Iago Tabarés denuncia que a peatonalización da OU-536 é un novo caso de nepotismo na licitación pública do Partido Popular.

HIPER MASIDE

Rubén García, responsábel local do BNG do Pereiro de Aguiar comunica o inicio dunha recollida de sinaturas para dotar a veciñanza de servizos básicos,  mentres as institución públicas priorizan unha senda peonil. 

As nacionalistas poñen de manifesto  a carencia duns servizos tan fundamentais como son a falta de conexión á canalización da rede abastecemento de augas e ao servizo da rede de sumidoiros que está padecendo a veciñanza do lugar de Santa Baia ao pé da OU-536, mentres se prioriza unha senda peonil diante das súas casas.

Para o BNG do Pereiro resulta inaceptábel o anuncio feito pola Xunta de Galiza a respeito da construción dunha senda peonil dende o núcleo do noso concello do Roupeiro, dí o voceiro nacionalista, até o veciño concello de Esgos, á beira da estrada OU-536 que pasa por diante das vivendas afectadas sen darlles solución ás necesidades básicas.

 É cando menos incomprensible, di García, dado que non dá solución a este problema, cando se lle prometera a viabilidade do proxecto xa polo anterior equipo de goberno do Partido Popular.

Ante esta situación o BNG do Pereiro de Aguiar, inicia unha recollida de sinaturas e  traslada ao concello do Pereiro a necesidade de que actue de forma efectiva para que se arranxe a situación destes veciños e veciñas que levan máis dunha década reclamando a súa conexión coa rede de abastecemento municipal e a rede de sumidoiros, xa que é un servizo básico necesario pra calquera cidadán.

Un novo caso de nepostimo na licitación pública do Partido Popular.

 Iago Tabarés, deputado do BNG, cuestionou desde Esgos, e tal é como rexistrou o pasado 26 de abril no Parlamento de Galiza, a peatonalización da estrada OU-536 con fondos Europeos.

Para o deputado nacionalista a alteración  arbitraria na prelación realizada polos servizos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas evidencia un novo caso de clientelismo, de nepotismo e de trato de favor cara a familia Baltar na licitación pública do Partido Popular

“Resulta rechamante  que o treito priorizado para a construción dunha das escasas sendas peonis a construír na comarca de Ourense, que abrangue os concellos de Ourense, San Cibrao, Paderne de Allariz, Coles, Vilamarín, Toen O Pereiro de Aguiar, Barbadás…, circule xusto á beira das vivendas da familia do Presidente da Deputación Provincial de Ourense, tanto do actual como do anterior;”  indicou Tabarés que continuou dicindo “criterio este que non debe ser o determinante para a preferencia na construción destas sendas, senón que haberá analizarse as características da poboación, a existencia de focos de xeración de tráficos alternativos, a articulación intermodal, a conectividade con redes xa a existentes, a sinistralidade no treito…

Tendo en conta as variábeis indicadas estableceuse unha prelación das de sendas peonís e ciclistas ía construír na comarca de Ourense, na que á que atinxe á familia Baltar ocupaba o posto núm.24, non obxectivándose razón algunha que permita priorizala fronte a outras que unían núcleos de poboación ou que circulaban por espazo periurbán.