Comeza unha nova edición da “Liorta”, Feira Medieval que terá lugar no concello do Carballiño dende mañá venres ata o próximo domingo. Os asistentes poderán gozar das exhibicións de cetrería, espectáculos de lume, música, teatro… e dos postos de artesanía e produtos gastronómicos.
Mañá venres, ás 18.00 horas terá lugar a inauguración da feira coa apertura dos postos do mercado.
Ás 21.30 horas terá lugar unha exhibición de voos de cetrería no Anfiteatro Veracruz. Ás 22.15 e ás 23.00 horas haberá dous espectáculos de lume, o primeiro na Praza Emilia Pardo Bazán e o segundo no Anfiteatro Veracruz.
O sábado, ás 11:00 horas, abrirase a feira. Haberá actividades e exhibicións durante todo o día. Ás 22.15 horas comezará o desfile do Gran Dragón, e ás 23.00 e ás 23.30 horas haberá dous espectáculos de lume no Anfiteatro Veracruz.