A Marca O Irixo ofrece lotes para celebrar o Día dos Namorados e o Entroido dende a casa

A Marca O Irixo quixo facer unha proposta para celebrar o día máis romántico do ano. Deste xeito ofrecerán un almorzo, que se recibe no fogar de xeito gratuíto o mesmo día 14. O almorzo leva leite de Loureiro, pastelería de Panadería Pedriña, un xabón de corazón de Xabóns Adeliña e unha rosa. Pode incluír tamén un agasallo 100% personalizado que eles mercarán nas tendas do pobo. Os interesados so teñen que dicir o orzamento e unha orientación do que desexan e dende a Marca buscarán o mellor agasallo.

Publicidade

Pensando no Entroido, a Marca Irixo ofrece lotes de cocido personalizados. Presentan dous lotes, a cal máis saboroso e elaborados 100% con produtos da nosa terra. Un deles é o cocido para dous composto por manoxo de grelos, surtido de carnes (touciño, soa, morro, orella, chourizos, morcilla e unto), peza de pan, requeixo e mel. E o outro lote, o cocido premium, con seis racións, composto por 3 manoxos de grelos, media cachucha, lacón, chourizo e morcilla, costela salgada, falda de tenreira, requeixo, mel e peza de pan.