Galicia rexista o pico máis alta de novos contaxios con 780 persoas nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 780 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios que ascende con respecto ós últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 6.298, unha cifra que ascende en máis de 400 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (=) están en UCI, 57 (+4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios, hoxe cunha cifra máis alta. A provincia rexistra hoxe 163 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 151 persoas con respecto a onte, ata os 1.243 casos activos. Os hospitais hoxe mantéñense estables. Contamos con 12 (+2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES