O FETEGA abre o prazo para participar na 33ª edición ata o próximo 15 de febreiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O FETEGA acaba de facer pública a convocatoria para participar no 33º Festival de Teatro Galego “Celso Parada”, no Carballiño (Ourense) a segunda semana de setembro de 2022.

O ano pasado presentáronse máis de 100 espectáculos, dos que foron elixidos oito que formaron parte do programa do festival.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As obras, das que se valorará especialmente que sexan estreas nos criterios de selección, deben desenvolverse en galego e estar producidas en Galicia.

As propostas poden enviarse  ata o martes 15 de febreiro ás 20 h, a través do formulario electrónico de inscrición, accedendo no formulario de https://www.fetega.gal/shows/convocatoria-2022/ onde se deberá describir a obra e achegar o material de valoración que se solicita.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------