Tres de tres para Carlos Sampayo e Álex Cid no Europeo de Históricos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

El equipo de Escudería Ourense completó el Mecsek Rally de Hungría en la posición 13 del certamen continental y en la 26 de la general, además de firmar otro podio en la categoría E4

Fin de semana de traballo e aprendizaxe para o Aukor Racing no Mecsek Rally de Hungría, terceira cita puntuable para o campionato de Europa da especialidade, disputado entre os días 25 e 26 de xuño na contorna da localidade de Pécs.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Compartindo cartel cos participantes no certame de históricos do campionato nacional e cos do certame absoluto, Carlos Sampayo e *Álex Cid terminaron a proba na 13ª posición do campionato de Europa e na 26ª da combinada, nunha fin de semana marcada por unha forte tormenta nas especiais do venres e un problema co motor de arranque que penalizou en todos os tramos do sábado aos ourensáns.


Ese inconveniente obrigou a Cid a empuxar constantemente o Renault 11 Turbo para arrincar nas especiais, coa consecuente perda de tempo acumulada durante a proba. Ademais, no último bucle a caixa de cambios do vehículo francés dixo basta e fixo que Sampayo soamente puidese utilizar primeira e segunda velocidade.


A pesar dos problemas mecánicos, Sampayo e Cid terminaron a proba satisfeitos primeiro co resultado, xa que suman uns valiosos puntos dentro da categoría E4 e despois con toda a información recollida durante os máis de 100 quilómetros contra o cronómetro da carreira húngara, con temperaturas moi elevadas desde os recoñecementos e que desembocaron na xa comentada tormenta do venres. Ademais, estrearon colaboración coa firma de pneumáticos Avon / Cooper , que se comportaron moi ben sobre os complicados tramos do Mecsek Rally.


Despois de completar as tres primeiras probas do Campionato de Europa de Rallys, o Aukor Racing non se detén. En apenas tres semanas disputarán a cuarta cita, nesta ocasión en pleno corazón de Europa. O Weiz Rally (15 ao 17 de xullo), que se disputará a medio camiño entre Viena e Graz tomará a substitución dun certame no que Sampayo e Cid queren seguir acumulando experiencia e reducir, tal e como demostraron en todas as carreiras, a diferenza coa cabeza.