Reunión de Baltar e Jácome para analizar temas de cooperación Deputación-Concello de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para analizar temas de cooperación entre ámbalas dúas institucións. A xuntanza enmárcase no ámbito da colaboración entre o goberno provincial e o da capital ourensá en temas referidos a infraestruturas, servizos e proxectos compartidos que teñen levado a cabo e seguen a desenvolver as dúas administracións.