O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, clausura a Xornada de Covage do programa ‘Xuntos contra a Violencia de Xénero

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu este serán á clausura da Xornada de Covage do programa ‘Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia’, que se levou a cabo no local da Asociación Veciñal ‘Bon Xesús’ de Ceboliño.

Este programa enmárcase nun convenio asinado entre a Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’ – CoGaVe e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para desenvolver e executar en toda Galicia un proxecto divulgativo de prevención e sensibilización sobre a lacra social que é a violencia de xénero.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO