Ribadavia mellora a súa mobilidade e seguridade viaria coa reforma de tres rúas e dous camiños agrícolas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia acometerá en breve e de forma case simultánea a reforma e adecuación de cinco viais, actuacións que forman parte dun Plan de Renovación e Mellora de Infraestructuras Municipais, a implementar neste mandato. O obxectivo, según apuntan as autoridades municipais, é “mellorar a mobilidade e a seguridade viaria tanto na vila coma no rural, tamén para as tarefas agrícolas”. Dous delas están localizadas na vila: A Rúa Ribeiro, o principal acceso a Ribadavia, que da continuidade a rúa Carballiño e remata na Rúa Progreso, e a rúa Baixada ao Consello, que transcorre a carón do río, pola súa marxe esquerda, e que tamén é moi utilizada porque é igualmente de acceso ao núcleo de Ribadavia, así como ao pavillón de deportes. No caso da rúa Ribeiro, ademáis da substitución do firme nos tramos deteriorados, a actuación contempla o pintado da mesma, así como a mellora da sinalización existente. O terceiro vial, localizado en Francelos, é a rúa Ramal. O financiamento das mesmas é posible pola colaboración entre o Concello e a Deputación de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


A estas tres obras, sumaranse dúas máis en San Cristovo (Camiño Sarmenta) e na Quinza (Camiño da Quinza), neste caso de camiños que dan acceso a máis dunha ducia de fincas acollidas á Política Agraria Común (PAC). Este proxecto, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), enmárcase no Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais 2024-2025, co obxectivo de optimizar a infraestrutura viaria rural e asegurar mellores condicións de circulación e seguridade para os veciños e traballadores do agro, tal e como subliñan dende o Concello ribadaviense. As principais accións contempladas inclúen a ampliación do ancho dos camiños, a renovación do pavimento con materiais máis resistentes e a mellora da drenaxe, o que permitirá unha maior durabilidade das vías e unha circulación máis segura. A intervención inclúe tamén o mantemento das marxes mediante a limpeza e perfilado de noiros e cunetas.


“Con estas actuacións estamos a mellorar importantes infraestruturas do noso concello, como é caso da rúa Ribeiro ou a Baixada ao Consello, que son vías de acceso ao núcleo de Ribadavia. E, ademáis, atendemos tamén a rúas que levaban moito tempo en moi mal estado, como é o caso da rúa Ramal, en Francelos, ou a rúa Sarmenta, en San Ctistovo”, explica o alcalde de Ribadavia, César Fernández. Tamén destaca “a cooperación institucional coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense”, que permite a execución destas obras e que se enmarca “dentro do plan do goberno municipal de mellorar e renovar unha parte importante das infraestructuras viarias do Concello de Ribadavia no mandato 2023-2027”.