A novena edición do Galardón A Arenteira, atípica pero chea de sentimento

Fto Yeray

A situación sanitaria actual logrou cambiar todos os plans e modificar todos os eventos e converteuse no tema central de todas as conversas. O Galardón A Arenteira foi un máis dos actos que se viron afectados por este virus.

Foto Yeray

Entre outras cousas, pola modificación da súa data orixinal, o último venres de novembro. Superado ese escollo, quedaban outros, que sí marcarían este acto na memoria. Se hai algo que caracteriza esta entrega de premios é o sentimento e o aprecio pola xente desta terra, que rende homenzaxe ás grandes persoaxes que O Carballiño e O Ribeiro viron crecer. O público e a súa calor foron, en concordancia común, o que máis se votou en falla. O sentimento estivo máis que presente.

AVANTAR ACTIVIDADES
Foto Yeray

O galardón, organizado polo Centro de Estudos Chamoso Lamas e o ApartHotel Arenteiro, alcanza este ano a súa novena edición, premiando o legado cultural e deportivo da contorna e tamén a título póstumo. O seu obxectivo e recoñecer o traballo e o esforzo tanto de entidades como de persoas, que con gran esforzo conseguir facerse un oco na súa disciplina e levar o nome destas comarcas por onde queira que chegase o seu legado.

Foto Yeray

O xurado elixiu por unanimidade, dentro dun gran número de aspirantes, na categoría de Cultura, a Xosé Prada Martínez, director do grupo de teatro Tiruleque; na categoría de Deporte, a José Fernández Godoy e, a título póstumo, Víctor Campio Pereira, poeta nado en Garabás, cuxo premio foi recollido polas súas fillas Carmen e Isabel Pereira. Dende a distancia, algúns dos seus achegados optaron polo formato en vídeo para compartir con todos anécdotas, recordos e boas verbas sobre os tres agraciados e a súa traxectoria. A nota musical correu a cargo do Coro de Cámara Música Viva e grupo de música folk céltica galega Tor.

Foto Yeray

O evento mudou a súa data orixinal pola situación sanitaria que atravesaba O Carballiño nesta segunda ola da pandemia. Finalmente celebrouse sen público, cun aforo que non superaba as 30 persoas e cas medidas sanitarias garantizadas, como o distanciamento social, o uso de xel hidroalcohólico e a toma de temperatura dos asistentes á súa chegada. Para o resto dos espectadores que seguen este premio con gran interese, tanto na contorna coma na emigración, o acto foi retransmitido en directo por Badal TV.

Foto Yeray