Podemos pide PCRs periódicas para o persoal de Axuda no Fogar

A zona de proxección será na Praza Maior da vila.
IES CHAMOSO LAMAS

Afirman que a aparición da pandemia dificultou o desenrolo das tarefas de este colectivo, expondo a traballadoras e a usuarias e familias a potencias contaxios COVID-19. Iso súmase ao alto grao de exposición a riscos laborais da súa actividade, a sinistralidade laboral do sector, e o desamparo no que se atopan ante a precariedade, aseguran dende a formación morada. Dada a situación e ó incesante incremento de contaxios, aseguran que é de vital importancia tomar certas medidas e protocolos co persoal de un servizo tan esencial como é o SAF, comenzando por unha medida preventiva de vital importancia como é a realización de PCRs, e que se fagan ditos tests cunha periodicidade que asegure o non contaxio tanto do persoal traballador como das persoas usuarias e familias das mesmas.