O pleno do Carballiño aproba o concurso para licitar o servizo do restaurante do Muíño das Lousas e informa que as axudas para autónomos e pemes sairán no mes de xullo
Ao pleno de onte, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas do covid19 e as mortes a causa da violencia de xénero, acudiron presencialmente dez concelleiros e o resto de xeito telemático.
Procedeuse ao sorteo das mesas electorais para os comicios autonómicos do 12 de xullo.
Os votos a favor dos concelleiros socialistas permitiron aprobar o Priego de condicións para sacar a concurso a xestión do restaurante do Muíño das Lousas a pesar dos votos en contra de toda a oposición ao considerar que as condicións do concurso non eran as adecuadas.
Aprobáronse tamén as modificacións no Priego de condicións para a licitación do Servizo de Axuda no Fogar cos votos favorables do PSOE e do PP.
No debate da moción que presentaba o BNG para poñer en marcha as instalacións deportivas de Pena Cobertoira, a pesar do voto en contra do PSOE, o alcalde comprometeuse a reunirse cos posibles donos do terreo para aclarar a titularidade.
Aprobouse por unanimidade a moción de Espazo Común relativa á apertura da Residencia de Tempo Libre. Xerou moita controversia o debate da moción de Espazo Común para clarexar o estado no que se atopaba o expediente de reclamación dos recibos das taxas de lixo dos veciños de Arcos. Pachi Vázquez deixou claro que o expediente non estaba paralizado como se comprometerá o alcalde pero pola súa banda, Francisco Fumega dixo que legalmente non se pode paralizar pero que está estudando a solución que foi ao que se comprometeu no pleno do mes de outubro do ano pasado.
Espazo Común presentaba tamén unha moción solicitando a ampliación do parque empresarial, que foi aprobada e na que ante as críticas da oposición ao alcalde por haber anunciado hai meses o convenio co concello de Maside para ampliar o polígono cando non hai nada en firme, Fumega informou sobre os trámites administrativos que segue a levar a cabo para conseguilo.
No debate da moción do PP que reiteraba a posta en marcha do concurso de ideas para o Parque Municipal, foi aprobada por unanimidade e o alcalde confirmou que o sacaría o antes posible sen dar una data exacta.
Por último, entrou pola vía de urxencia a moción do BNG que urxía a redacción das bases que regulan as axudas para pemes e autónomos. Toda a oposición criticou unha vez mais o retraso nestas axudas. Francisco Fumega indicou que unha empresa vaise a encargar de xestionar a tramitación destas axudas que se publicarán no mes de xullo e o bono de compra no comercio local sairá no mes de setembro.