Comunicado da Subdelegación do goberno sobre ocultación de documentación

A Subdelegación do Goberno afirma que non existe ningunha ocultación de documentación nin se impide o acceso a ningún expediente solicitado, sendo categoricamente falsas todas e cada unha das acusacións vertidas contra a institución e contra o subdelegado do Goberno en Ourense. A Deputación Provincial de Ourense conta no seu poder coa documentación solicitada.

A Subdelegación do Goberno aínda non recibiu a documentación complementaria solicitada á Deputación Provincial de Ourense, precisa para que os servizos xurídicos elaboren un informe técnico acerca do cumprimento da lexislación estatal en canto a se as bases e a convocatoria das axudas non infrinxen nin contradín algún dos límites establecidos na mesma.

AVANTAR ACTIVIDADES

O subdelegado do Goberno en Ourense defendeu sempre a transparencia e o comportamento democrático institucional, atendendo calquera consulta sobre a legalidade dos acordos das entidades locais provinte de cidadáns particulares, de asociacións ou dos diferentes partidos políticos.