Ciclos Formativos de viño e aceite no I.E.S O Ribeiro

ENSINANZAS E ACTIVIDADES DA FAMILIA PROFESIONAL DE INDUSTRIAS ALIMENTARIAS NO IES O RIBEIRO

No IES O Ribeiro impártense varios ciclos formativos da família formativa de Industrias alimentarias: o Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños, o Ciclo Superior de Vitivinicultura, así coma o ciclo de Formación Profesional Básica de Industrias Alimentarias (1º e 2º).

AVANTAR ACTIVIDADES

Ciclo de Formación Profesional Básica en Industrias Alimentarias”

O ciclo formativo de FP básica en Industrias Alimentarias está implantado dende o curso académico 2017-2018, incrementándose a matrícula ano tras ano. Este ciclo formativo está composto de varios módulos eminentemente prácticos, nos que o alumnado recibe, prepara e procesa materias primas e auxiliares para a producción de gran variedade de produtos alimentarios, do que ademáis realiza o seu envasamento e etiquetado para poder ser postos á venda. Para desenvolver as actividades prácticas contamos cunhas instalacións amplas, nas que se está a incrementar a súa dotación.

Ó longo do ano académico 2019-2020 os alumnos aprenderon a elaborar toda clase de produtos alimentarios, dos diferentes sectores da industria alimentaria, tales como productos quinta gama  a partir de materias primas cárnicas como polo, costela, lasaña e hamburguesas; produtos e conservas vexetais como marmeladas (uva e mazá), marmelo, encurtidos; produtos de industrias pesqueiras como robaliza e salmón marinado, mexilón en conserva, patés; produtos lácteos como flan de ovo e natillas; produtos do sector da panadaría como bolos de pan, empanadas, masa de pizza; así como produtos de pastalería e repostaría como galletas, pannacota de castañas, cabelo de anxo, roscón de reis, orellas de entroido, bombóns, gominolas e follada.

Para completar a formación, realizanse varias visitas a instalacións de empresas elaboradoras, entre as que destacamos no curso 2019-2010 a visita á Cooperativa Santa María de Loureiro, onde puideron observar os procesos de elaboración, envasado e tratamentos térmicos que sofren o leite, queixos, iogures e kéfir antes de chegar ó consumidor; e á industria de marmeladas Nela Gourmet (San Cristovo de Cea) destacada pequena empresa, de nova creación, polas súas propostas creativas e orixinais de marmeladas e guarnicións; onde puideron observar dende a materia prima empregada, as etapas de elaboración, a maquinaria e equipos específicos, o produto final ata finalizar cunha degustación de produtos seleccionados.

Ciclo medio de aceites de oliva e viños” e “Ciclo superior de vitivinicultura”

Ao longo do curso escolar nestes dou curso realízanse moitas actividades prácticas, cuxo principal obxectivo é por en práctica todos os coñecementos adquiridos durante as clases teóricas na aula.

O curso 2019-2020 iniciouse coa vendima no viñedo de San Paio cedido por Jerónimo Docampo, no viñedo de Os Chancís en Sober, e nos viñedos da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), sita en Leiro. A EVEGA presenta coma unha das súas principais misións fomentar o desenvolvemento do sector vitivinícola galego mediante investigación, a formación e o asesoramento. Nas súas instalacións ao longo do curso realízanse diversas actividades, coma vendima, estudo dos sistemas de condución, poda segundo diferentes sistemas, xornadas prácticas de análises de destilados e viños, estudo dos sistemas de destilación por arrastre de vapor, etc.

Coas uvas vendimadas elaboráronse diferentes viños, brancos e tintos tanto xoves coma con crianza en barrica, rosados e tintos de maceración carbónica, empregando diferentes variedades de uva entre as que se poden destacar Treixadura, Godello, Albariño, Xerez, Brancellao, Sousón e Mencía. Nestes viños realizáronse as prácticas enolóxicas precisas en cada momento, análises e demais operacións ata o embotellado e etiquetado final.

Por outra banda, no viñedo e oliveiral do IES O Ribeiro fixéronse tarefas de labra, plantación de vides, abonado, poda de formación, poda de frutificación e enxerta de vides.

Ademais das actividades propias de viticultura e vinificación, realízanse outras moitas coma análise de aceites e refinado dos mesmos, destilación de bagazo e viño en alquitara e alambique, elaboración de diferentes augardentes, licores e licores de crema, elaboración de sidra, vinagre de viño e sidra, cervexa e vermú.

Realízanse numerosas actividades complementarias e extraescolares, das que entre as realizadas no curso 2019-2010 pódense destacar as seguintes:

Prácticas de poda na parcela de Os Chancís, en Sober.

Prácticas de poda e enxertos, impartidas por Francisco Rego.

Visita a adegas das diferentes D.O.tales como Lar de Ricobao, en Quiroga, Algueira, Casal de Armán.

Cata comentada de viños singulares, realizada por Eladio Osorio de RS Delicatessen.

Cata comentada de augardentes e licores de Galicia, realizada pola enóloga Sonia Otero, do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

 “Xornada técnica sobre vinagres e innovación na súa elaboración”, organizada polo EVEGA.

Visita a Museo do Viño de Galicia na comarca do Ribeiro .

Asistencia a cata comentada de viños da Denominación de Orixe Monterrei, realizada na feira Xantar, en Ourense.

Ademais, no “Ciclo medio de aceites de oliva e viños” tamén se elabora aceite de oliva virxe extra polo método tradicional de prensado en frío. O alumnado participa recolleita da oliva, e recibe coñecementos teóricos e prácticos sobre o equipamento e o proceso de elaboración do aceite de oliva virxe extra mediante o método tradicional e de extracción centrífuga e sobre as posibilidades de aproveitamento dos subprodutos.

Formación en Centros de Traballo (FCT)

Para completar os seus estudos, os alumnos do segundo curso do ciclo de Formación profesional básica en Industrias alimentarias, do Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños e do Ciclo Superior de Vitivinicultura, veñen realizando durante todos estes anos a Formación en Centros de Traballo. A realización da Formación en Centros de Traballo realízase en adegas, laboratorios enolóxicos ou fábricas de elaboración, refinado e envasado de aceite. Os alumnos tamén teñen a posibilidade de realizar a Formación en Centros de Traballo noutros países dentro do programa Erasmus, así como posteriormente prácticas para titulados.