O PSDEG-PSOE CRITICA Ó EX ALCALDE DE CENLLE, GABRIEL ALÉN, POR SEGUIR EXERCENDO DE REXEDOR “NA SOMBRA” E DENUNCIA QUE O ACTUAL ALCALDE, RODRÍGUEZ LAMAS, “NON TOMA AS DECISIÓNS”
O PSdeG-PSOE de Cenlle critica publicamente, unha situación que consideran “anómala” e que afecta ó ata hai escasos meses alcalde de Cenlle, Gabriel Alén, que figura na lista do Partido Popular de Ourense ao Parlamento Galego, motivo polo cal dimitiu como rexedor, pasando o bastón de mando a José Manuel Rodríguez Lamas. Os socialistas denuncian que Alén segue exercendo como alcalde “na sombra”, e sen ir máis lonxe, sigue figurando como máximo mandatario do municipio na páxina web oficial do Concello.
VIDEO
O voceiro socialista, José Rodríguez Veloso, afirma que no último pleno celebrado en Cenlle, “quedou de manifesto que Gabriel Alén sigue a ser o alcalde, xa que foi quen lle indicaba a Rodríguez Lamas o sentido das votacións das mocións e das ordes do día, negando ou afirmando coa cabeza”. Situación que dende o grupo municipal socialista consideran como “unha tomadura de pelo á veciñanza, que está en mans dun rexedor que non é capaz de tomar decisións por si mesmo”.
Os socialistas tamén denuncian que durante o último pleno, o actual rexedor, Rodríguez Lamas, non foi quen de “respostar as preguntas realizadas polo voceiro socialista”, tendo que ser Alén o que tomase a palabra.