Ribeiro en Común urxe unha política turística en Ribadavia.

goberno local ten totalmente abandonada a área turística e termal.

Publicidade

Destaca a situación de abandono da Vila termal de Prexigueiro, o peche continuado do Castelo e a falta de coidado e mantemento da área de autocaravanas e do conxunto histórico e monumental, ao que viven de costas.

Ribadavia é conxunto monumental histórico artístico desde 1947, unha importante declaración e recoñecemento que non lle impide ser vítima do abandono e desinterese por parte das súas autoridades locais.

O gran potencial do termalismo queda demostrado no grande auxe que vive o complexo termal de Prexigueiro, que ano tras ano bate records de visitantes.

A pesar de todo este potencial, o actual goberno local vive de costas ao turismo. A área de turismo e termalismo non tivo ningunha iniciativa en toda a lexislatura e o goberno non levou a cabo ningunha política municipal de cara a potenciar o turismo e o termalismo en Ribadavia, a pesar de partir dunha situación favorable e un datos moi ben posicionados.

– A Vila Termal de Prexigueiro, cos seus recursos termais, é tratada como se non pertencese ao municipio de Ribadavia. A súa principal vía de acceso leva desde decembro derrubada, o entorno e inmediacións das termas están abandonadas polo Concello e o contrato de explotación termal continúa sen ser impulsado desde o Concello.

– Turismo e visitantes: conxunto monumental sucio e sen o coidado que necesita.

– A área de autocaravanas, nas inmediacións do casco histórico, funciona como almacén e depósito de restos de material de obras municipais (tubaxes, pedras e material de obra vario) acumulase xunto ás autocaravanas que non visitan e cuxa afluencia é moi importante, non ofrecendo unha boa imaxe. Ribeiro en Común levamos desde o mes de novembro de 2019 reclamando a súa retirada, o único éxito que obtivemos foi a retirada dun colector de residuos de obra.

– O Castelo continúa pechado polo Concello, a pesar de que fai semanas que podía estar aberto e que son moitos visitantes e turistas que veñen a Ribadavia que reclaman poder visitalo.

– Chega tarde o reforzamento da oficina de turismo con 2 auxiliares cuxo inicio previsible será o 1 de xullo, no mellor dos casos.

Levamos varias semanas cunha importante afluencia de visitantes, onde a imaxe que temos que dar de Ribadavia é moi mellorable por parte do Concello.

Quizais o goberno volva esgrimir algunha escusa que usar interesadamente, pero a realidade é que en todo o ano de lexislatura non realizaron ningunha medida destinada a mellorar e poñer en valor os nosos recursos turísticos e termais.

Urxe, sen máis escusas, un Plan de mellora turística e termal que centre recursos e traballos municipais na limpeza e mantemento do conxunto monumental de Ribadavia e na Vila Termal de Prexigueiro.