Ribeiro en Común pídelle ao Alcalde que convoque a todas as partes para buscar unha solución consensuada ao Colexio da Alameda.

O Pleno Municipal aprobou unha vez máis unha Moción en defensa do Colexio da Alameda, polo que pedimos que se leve a cabo por parte do goberno.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pedimos unha vez máis que a alcaldía convoque a plataforma veciñal, directiva do centro e Consellaría de Educación, e a todos os grupos municipiais co obxectivo de buscar un acordo entre as partes e o mantemento do Colexio nesta crise do Covid19.

O Pleno de xuño aprobou unha nova Moción en defensa do Colexio da Alameda presentada conxuntamente por Ribeiro en Común e PSdG e que contou tamén co apoio de BNG.

Os grupos da oposición reclamaron unidade na defensa do noso colexio e volvemos pedirlle ao goberno que se sume a esta reivindicación xusta e veciñal.

Neste sentido, foi unánime a petición feita á alcaldía e ao goberno municipal para que opten polo diálogo e convoquen a plataforma veciñal, directiva do centro e Consellaría de Educación, e a todos os grupos municipiais co obxectivo de buscar un acordo entre as partes e o mantemento do Colexio nesta crise do Covid19.

As posicións unilaterais e de parte deben ser abandonadas, non se pode admitir que a Directiva e a Consellaría de Educación lle impoñan a Ribadavia este peche, e menos que se faga de costas á comunidade educativa.

Mañá está convocada xuntanza do Consello Escolar e nela non se inclúe ningún punto na orde do día sobre o Colexio da Alameda, un novo exemplo do intento da dirección do centro de impoñer unha decisión unilateral a toda a comunidade educativa e a toda a sociedade ribadaviense, quen xa se manifestou contraria ao peche do Colexio da Alameda.

Apoio e respaldo ao Colexio da Alameda que quedou patente o xoves pasado tanto a través do grupo de veciños que se reuniron na praza maior de Ribadavia para manifestar o seu apoio e respaldo ao Colexio da Alameda, como tamén a través da maioría dos representantes políticos dos veciños de Ribadavia, 8 concelleiros de 13, que manifestaron o seu respaldo á continuidade deste Colexio.