Celebrouse unha nova edición de “Pon unha foto na rúa”, organizado pola Asociación Fotográfica O’POTIÑOS.

Na tarde de onte, domingo, na Praza Maior, celebrouse unha nova edición de “Pon unha foto na rúa”, organizado pola Asociación Fotográfica O’POTIÑOS.

Convidaron aos veciños da vila a participar nunha experiencia que se celebra a nivel mundial, como  acto de promoción da fotografía. Oito fotógrafos da asociación encargaronse de realizar unhas cen fotografías nun decorado colocado para esta ocasión. O resultado será exposto posteriormente e se lle entregará aos seus protagonistas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Blanco, presidente de O’POTIÑOS, tamén amosou a súa alegría por poder dar un pulo de vida ao pobo e agradeceu a boa acollida desta edición a pesar da situación de pandemia na que nos atopamos: